martes, 27 de mayo de 2014

Rainbow Loom

¡Ola navegantes!

Nós, que somos unhas avoas súper modernas e adoramos ós nosos netos e netas por encima de todo, exercemos de modelos para as creacións dos nosos pequenos. Unhas creacións feitas con moooita paciencia, xa que estes complementos que están tanto de moda agora, son realmente laboriosos. Imaxinamos que moitos de vós xa sabedes do que estamos a falar. Si, exacto, as famosas pulseritas de goma.




Pulseras simples, dobres, triples, de dous, catro ou múltiples cores, aneis, pendientes... ¡ata fundas para teléfonos! Estivemos investigando un pouco e resulta que o seu nome é Rainbow Loom e trátase dun xogo que creou un tal Cheon Choon Ng ó ver as súas fillas trenzar unha destas pulseras. Como el non podía trenzalas porque tiña os dedos moi anchos, cun anaco de madeira e un par de alfileres elaborou un artiluxio có cal xa podía facer ditos complementos, de maneira rápida e eficaz. 

Fuente: New York Times (27/05/2014)


Pero para os que non teñades dito artiluxio, dicirvos que hai miles de formas para facer estas pulseritas de goma: dende pinzas da roupa ata bolígrafos. Pero isto non o sabemos por investigación. Este dato coñecémolo porque non soamente facemos de modelos senon que tamén nos esforzamos por aprender a facer as pulseras. Como xa dixemos adoramos ós nosos netos e facemos o que sexa necesario para pasar tempo con eles e compartir xuntos actividades. 





Todavía estamos aprendendo pero algunha das pulseras xa as temos dominadas, así que se queredes saber como se fai algunha, non tedes máis que preguntarnos. E como sempre vos dicimos, se tedes exemplos que queirades mostrar, ¡foto! 


¡Deica pronto 'netiños'!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

O blog 'Avoas Compartindo Ideas' resérvase o dereito a eliminar calquera comentario que poida ser considerado difamatorio, que provoque inxurias ou sexan contrarios ás leis españolas. Polo tanto non se aceptarán comentarios con contido racista, sexista, homófobo ou que ataque a calquera colectivo ou minoría; nin aqueles que inclúan amenazas, insultos e/ou ataques personais.