jueves, 29 de mayo de 2014

Ata o corenta de maio, non quítelo saio

¡Ola navegantes!

O sol de hai dúas semanas abandonounos definitivamente e non sabemos cando vai volver. Como imos ter que volver a hibernar, hoxe imos a deixarvos unha receita (moi sinxela de facer) para que non vos aburrades na casa os días de choiva.

Cada unha de nós propuxo o seu postre favorito e entre todas eliximos a que máis nos gustou. O elixido foi o BROWNIE e os motivos que nos levaron a escoller esta receita como a gañadora foron varios: sinxela de facer, apenas se necesitan electrodomésticos, os ingredientes son fáciles de atopar, leva chocolate... Pero a gran razón para elixila foi o argumento que nos deu a súa autora: ela elixiu esta receita porque lla ensinara unha das súas netas

Os ingredientes que necesitamos para facer o BROWNIE (ou biscoito, que é máis fácil de escribir e pronunciar) son os seguintes:
  • Chocolate (150 gramos aprox.)
  • Leite (4 cucharadas)
  • Mantequilla (uns 125 gramos)
  • Azúcar (tamén sobre 125 gramos)
  • Fariña (con 100 gramos chega)
  • Medio sobre de levadura 
  • Avellanas (50 gramos son máis que suficientes)
  • Ovos (3)

Os pasos para facer o BROWNIE son poucos e moi fáciles. Antes de comezar a explicación, dicirvos que para esta receita só necesitades un microondas.
  • Paso 1: o que temos que facer primeiramente é fundir o chocolate coa mantequilla no microondas. Haino que facer coa menor potencia posible, durante un par de minutos. Cando vexades que ambos ingredientes están fundidos, só os hai que retirar, mezclar e reservar.
  • Paso 2: hai que bater os ovos e, unha vez feito isto, engádeselle o azúcar, o leite e mailo medio sobre de levadura.
  • Paso 3: cando teñamos todo batido, engádeselle a mezcla de chocolate e matequilla (sen que esta estea moi quente) e mézclase todo.
  • Paso 4: cando a mestura estea máis ou menos uniforme, debemos ir engadindo a fariña pouco a pouco. Podemos remover cunha utensilio coñecido como "lingua" para que se incorpore todo ben.
  • Paso 5: untar o molde (especial para microondas) con mantequilla e espolvorealo con fariña. Desta maneira conseguiremos que o brownie non se pegue ó molde.
  • Paso 6: poñemos os trozos de avellanas no molde xa engrasado e vertemos a mezcla anteriormente feita.
  • Paso 7: introducilo no microondas a uns 800 w. ou a máxima potencia, durante uns cinco minutos.


¡¡¡BROWNIE PREPARADO!!!


Como xa dixemos é unha receita ben doada e podémola facer cós nosos netos máis peques porque non hai risco de que se queimen có lume da cociña ou có forno. 

Se vos animades a facelo, enviádenos fotos e as vosas opinións.


¡Deica pronto 'netiños'!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O blog 'Avoas Compartindo Ideas' resérvase o dereito a eliminar calquera comentario que poida ser considerado difamatorio, que provoque inxurias ou sexan contrarios ás leis españolas. Polo tanto non se aceptarán comentarios con contido racista, sexista, homófobo ou que ataque a calquera colectivo ou minoría; nin aqueles que inclúan amenazas, insultos e/ou ataques personais.