jueves, 19 de junio de 2014

Non é un adeus... ¡é un ata pronto!

¡Ola navegantes!

Supoñemos que estariades preocupadas e preocupados xa que levamos dúas semanas totalmente desaparecidas. ¡Que non cunda o pánico! ¡Non nos pasou nada! Pero os netos comezan a finalizar as súas clases, as súas actividades... e tocounos deixar un pouco de lado ó mundo virtual, e tamén a vós. 

O verán comeza e, con el, rematan as nosas reunións. Por falta de tempo e incompatibilidade de horarios imos ter que pospoñer os nosos encontros ata o ano que vén, ou mellor dito, ata o curso que vén. En setembro-outubro voltaremos con todos vós para mostrarvos todo o que imos aprendendo e tamén para ensinarvos cousiñas que igual non coñecedes: algunha manualidade chula, unha receita súper incrible coa que deixaredes ós vosos achegados coa boca aberta ou algún día mundial curioso e sorprendente. 

Antes de acabar, queremos darvos as GRACIAS a todos aqueles que nos seguides semana tras semana e que estades pendentes das nosas publicacións. Tamén queremos darlle as GRACIAS a aquelas personas que nalgún momento nos leron. GRACIAS, ademáis, ós que fostes tan riquiños como para compartir as cousas que escribiamos nas vosas contas das diferentes redes sociais. Por último, pero non por iso menos importante, GRACIAS ás rapazas que nos acompañaron semanalmente nas nosas reunións. Sabedes que sen vós nada disto sería posible, así que MOITAS GRACIAS. 

Como comezamos a poñernos un pouco sensiblonas damos por finalizado o noso artigo, que pon o punto e aparte da nosa andaina bloggera. Se nalgún momento durante este periodo vacacional nos reunimos, ¡non dubidedes en que volo faremos saber! 

O dito... 
¡ATA O PRÓXIMO OUTONO! 
¡Disfrutade do verán!


¡Deica pronto 'netiños'! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O blog 'Avoas Compartindo Ideas' resérvase o dereito a eliminar calquera comentario que poida ser considerado difamatorio, que provoque inxurias ou sexan contrarios ás leis españolas. Polo tanto non se aceptarán comentarios con contido racista, sexista, homófobo ou que ataque a calquera colectivo ou minoría; nin aqueles que inclúan amenazas, insultos e/ou ataques personais.