jueves, 5 de junio de 2014

Primeiros Auxilios Domésticos II

¡Ola navegantes!

No pasado artigo falamos da conducta que debiamos ter nos primeiros auxilios. Nesta segunda parte imos a explicarvos que facer (ou non facer) ante certas situacións que poden ocorrer na vida diaria, a calquera de nós. 

Comezaremos cós CORTES E FERIDAS. Cando teñamos calquera tipo de corte ou ferida, o que debemos facer é lavar dita ferida con auga e xabón ou con soro. Unha vez ben lavada, debemos botar un desinfectante iodado, que deixará a ferida totalmente limpa de bacterias e virus. Xa por último, taparemos a ferida cunha gasa estéril (ou tiritas). É importante que os cortes e as feridas sexan tapadas xa que se non tódalas bacterias que haxa no exterior poden infectalas. 

Cando sufrimos un GOLPE OU CAÍDA debemos manter en repouso a zona afectada, non movela e aplicarlle frío de maneira intermitente (para non sufrir queimaduras). Ademáis, se a persoa que sufriu o golpe ou a caída manifesta un dolor acusado nunha zona en concreto ou vemos algún tipo de deformidade evidente na mesma, non debemos forzala a moverse nin a poñerse de pé. Se a zona afectada foi a cabeza e a persoa que sufriu o golpe sangra polo oído, ten vómitos ou perde o coñecemento, debemos chamar rapidamente ó 112 (teléfono de emerxencias) xa que é posible que esa persoa se atope en situación de risco persoal e necesita asistencia média profesional.

¿Quen non sufriu un ATRAGOAMENTO mentras comía? Pois é importante que nunca se lle dean palmadas na espalda a alguén que está sufrindo un atragoamento e está tusindo, xa que esta acción podería empeorar a situación. 

Se a persoa está tusindo e pode respirar e medianamente falar, é importante animala a que siga respirando con forza. Se notamos que lle costa respirar, debemos realizar a Maniobra de Heimlich:
  • Adultos: rodeamos á persoa cós brazos arredor do peito, poñemos unha man pechada, nun puño, xusto por encima do ombligo (onde se sitúa "a boca" do estómago) e colocamos a outra por encima desa. Unha vez tomada esta posición, realizamos cinco compresións rápidas e vigorosas, hacia arriba e hacia adentro. 
  • Nenos: realízase da mesma maneira que para un adulto só exercendo menos forza.
  • Bebés: debemos colocalo boca abaixo, apoialo sobre as nosas rodillas ou sobre o noso antebrazocoa e coa cabeza lixeiramente máis baixa que o corpo. Unha vez colocado, hai que darlle cinco palmadas fortes e rápidas na espalda, á altura dos hombros, có talón da man.
  • Automaniobra: se temos que realizar a Maniobra de Heimlich en nós mesmos, colocamos o puño por encima do ombligo e sostémolo coa outra man. Unha vez feito isto, inclinámosnos sobre a esquina dunha mesa, por exemplo, e levamos o puño hacia nós con forza, presionando hacia arriba.
Fuente: Clínica Las Condes (05/06/2014)


Se antes falabamos dos cortes, agora tócalle o turno ás HEMORRAXIAS. O primeiro de todo que debemos facer é, coma sempre, tranquilizar ó ferido e manter a calma. Mentras se realiza esta labor, túmbase ó ferido no chan, cúbrese a ferida con gasas ou un pano limpo e presiónase firmemente. Se o elemento có que estamos tapando a ferida se empapa de sangue, poñemos máis encima dese (nunca debemos retiralo porque é importante que non deixemos de presionar). Evidentemente, se a hemorraxia non para chamaremos ó 112. Se a hemorraxia se produce no nariz, apresaremos o nariz cós dedos. Se a hemorraxia se produce no oído, chamaremos de inmediato ó 112. 

Xa para rematar, no fogar son moi frecuentes as QUEIMADURAS, por parte dos adultos sobre todo; e as INTOXICACIÓNS, máis por parte dos nenos. No primeiro caso debemos aplicarlle frío á zona afectada e, no segundo, debemos chamar ó 112 e se hai que acudir ó hospital, débese levar toda a información do producto.

Esperamos que vos gustase a teoría, aínda que desexamos que non teñades que poñela en práctica.


¡Deica pronto 'netiños'!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O blog 'Avoas Compartindo Ideas' resérvase o dereito a eliminar calquera comentario que poida ser considerado difamatorio, que provoque inxurias ou sexan contrarios ás leis españolas. Polo tanto non se aceptarán comentarios con contido racista, sexista, homófobo ou que ataque a calquera colectivo ou minoría; nin aqueles que inclúan amenazas, insultos e/ou ataques personais.