martes, 3 de junio de 2014

Primeiros Auxilios Domésticos I

¡Ola navegantes!

Estrenamos novo mes e, con el, tamén entrada no noso querido blog. Se hai un par de semanas falamos da economía doméstica, hoxe imos a falar dos PRIMEIROS AUXILIOS NO FOGAR. Están a ensinarnos moitas cousas sobre o que se debe facer en distintas situacións e nós querémolo expoñer aquí. Así imos facendo memoria, para que non se nos olviden e, ademais, igual vós aprendedes algún truco que quizáis non sabiades e que algún día igual vos serve de axuda (aínda que esperamos que non teñades que aplicalos. Iso sería bo sinal...).

Para comezar, cada un de nós deberíamos ter nas nosas casas un botiquín de primeiros auxilios que conteña: esparadrapo, gasas, tiritas, vendas, tesoiras (de punta redondeada), antiséptico, guantes, suero e unhas pinzas. Estes son algúns dos elementos que deberían estar no interior do botiquín, o cal, debe estar situado nun lugar que sexa accesible e que tódolos habitantes do fogar coñezan.

Os grupos más propensos a ter accidentes domésticos somos nós, avoas e avós, os nenos pequenos e tamén as mulleres (non fai falta explicar o por que, ¿verdade?). Pero ninguén está exento de sufrilo, así que cando este sucede, debemos manter unha actitude serena e tranquila. Debemos ter o que se coñece como conducta PAS:

  • Protexer o lugar: revisar o sitio donde sucedeu o accidente.
  • Avisar: segundo a gravidade do accidente, podemos chamar a alguén que estea na casa, a un veciño, ó 112...
  • Socorrer: axudar ó ferido a manter a calma e intentar curalo, se está nas nosas mans.


Por exemplo, se caeu un libro dunha balda dunha estantería. Primeiro hai que asegurarse de que o resto dos libros non vaian caer, revisar que a balda estea ben suxeita... Segundo a gravidade, chamar a unha persoa ou outra. En base á ferida causada, pois cúrase ó accidentado có botiquín que deberiamos ter na casa ou se leva ó ferido ó hospital. 

Pero como "vale máis previr que curar", o que debemos facer é intentar previr o accidente a través da conducta coñecida como AVA:

  • Advertir o risco.
  • Valorar eses posibles perigos.
  • Adoptar unha actitude segura.


Por exemplo se poñemos unha pota ó lume e temos nenos, debemos ser conscientes do perigo que isto ten. Unha vez que advertimos o risco, debemos valorar o que pode pasar: que o neno se poida queimar, ben có mango, có lume do propio hornillo, que se lle caia o contido da pota encima... Por último, adoptar unha actitude segura, que neste caso sería cambiar a pota de hornillo ou poñer o mango hacia dentro e non hacia fóra, para que o neno non teña posibilidade de agarrala. 

Para non aburrirvos moito, imos rematar aquí esta primeira parte. A segunda virá na próxima entrega do blog. Non deixedes de estar atentos, ¡que vos pode resultar realmente útil!


¡Deica pronto 'netiños'!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O blog 'Avoas Compartindo Ideas' resérvase o dereito a eliminar calquera comentario que poida ser considerado difamatorio, que provoque inxurias ou sexan contrarios ás leis españolas. Polo tanto non se aceptarán comentarios con contido racista, sexista, homófobo ou que ataque a calquera colectivo ou minoría; nin aqueles que inclúan amenazas, insultos e/ou ataques personais.